(Algunhas) Razóns para non perderse o Cafés Candelas Breogán – Tecnyconta Zaragoza

Compartir con

(Algunhas) Razóns para non perderse o Cafés Candelas Breogán – Tecnyconta Zaragoza

A emoción dun partidazo de Liga Endesa sobre o parqué é unha enorme razón, pero temos máis!

O domingo 18 ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo, o Cafés Candelas Breogán recibe ao Tecnyconta Zaragoza.

O equipo aragonés está a un gran nivel na competición e chega co experimentado Porfirio Fisac á fronte dun grupo de xogadores de calidade contrastada entre os que figuran dous galegos: Jonathan Barreiro (Cerceda, A Coruña, 1997), e o chantadino Fran Vázquez.

(Algunhas) Razóns para non perderse o Cafés Candelas Breogán – Tecnyconta Zaragoza

No plano deportivo son  moitos os atractivos que sempre presenta un partido de Liga Endesa, pero hai razón que fan do do domingo algo moi especial:

O REGRESO DE RICARDO ÚRIZ

O experimentado base celeste, un dos heroes do ascenso, recuperado xa da súa lesión de xeonllo, volve a vestir de curto no Pazo varios meses despois. Será unha oportunidade de que a grada reciba ao xogador que confesa estar desexoso de dirixir ao Breo de novo co «inferno Celeste» animando.

RECORD DE SERGI VIDAL

O xogador cumprirá nada menos que 616 partidos en ACB, superando a Orenga e situándose no TOP 10 de xogadores con máis partidos na máxima categoría. Un récord que seguro que contará co recoñecemento do Pazo.

A PRESENTACIÓN CO SPEAKER

O Pazo ten xa o costume de corear o apelido de cada xogador en perfecta sintonía co speaker. É un xeito de dar forza aos gladiadores celestes  antes de que comece a batalla.

O MINUTO DE SILENCIO QUE HOMENAXEARÁ A UNHA DAS NOSAS

Esta semana deixábanos Mirian, unha persoa que deixa tras de sí unha lección vital difícilmente igualable. Tras moitos anos loitando contra o cancro, Mirian perdeu a batalla pero deixou tras de si máis armas para que moitos sigan loitando e acaben gañando a guerra. Mirian inspirou a moita xente durante anos como un exemplo de superación co seu xeito de ver os problemas como unha oportunidade de loitar e aprender. A través das redes sociais e do seu blog «Queda Mucha Vida», Mirian contou a súa experiencia día a día e converteuse nunha compañeira de viaxe para moita xente que se sentiu identificada e preto dela por longa que fora a distancia. Mirian, loitando dende moi nova contra a doenza, titulouse en Comunicación e durante os últimos meses foi parte do Breogán, onde completou as prácticas colaborando co club.

Un minuto de silencio que terá un xesto simbólico coa situación dun ramo de flores no asento dende o que Mirian gozou, animou e sufriu como fiel seareira celeste. As peñas tamén amosarán o seu cariño a alguén que estará sempre entre nós.

«SACOS DE BREOGANISTAS»

Entre o primeiro e segundo cuarto propoñemos unha carreira moi especial sobre o parqué do Pazo.

(Algunhas) Razóns para non perderse o Cafés Candelas Breogán – Tecnyconta Zaragoza

POUCO DESCANSO NO INTERMEDIO: BAILE, BICOS E HOMENAXES

Non dará opción ao descanso o descanso do partido. Unha espectacular actuación de Star Dance volverá a permitirnos ver en acción a un dos mellores grupos de baile do panorama actual.

No intermedio haberá tamén unha homenaxe a Cruz Vermella e ao seu voluntariado, a quen dedicamos o partido.

Haberá tempo tamén para que o amor invada a grada. A «biCAMe»  cazará parellas que se atrevan a amosar o seu cariño cun bico proxectado nos videomarcadores.

O 3 EN RAIA BREOGANISTA

No descanso entre o terceiro e último cuarto dous concursantes buscarán ganar no «3 en raia» xigante que combina estratexia e acerto cara o aro.

CAFÉS CANDELAS CARGA O BAZOKA!

Pepe volverá a armarse co seu bazoka e lanzar camisetas apuntando aos seareiros máis animados e inspirados.

MOITO MÁIS!

As peñas celestes venderán nas portas do Pazo a lotería de Nadal, e haberá oportunidade de facerse co merchandising oficial na tenda que se sitúa na porta 3 dende antes do partido.

E moitas outras cousas poden pasar nos tempos mortos… haberá «Bella Ciao» ? Leva preparada a lanterna do teléfono!

E non faltará Máximus...

Pode que teñamos algunha sorpresa máis!

Ven ao Pazo ben adestrado, precisámoste en plena forma!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información