Recoñecemento a unha vida en celeste

Compartir con

María José Casto «Sesé», empregada do club dende 1982, será a homenaxeada no descaso so partido do sábado

Recoñecemento a unha vida en celeste

Trinta e cinco anos traballando nas oficinas do Breogán. Cando ela chegou o club apenas contaba con 15 anos de historia.

Dende a parcela menos visible, a administrativa, pero tan importante como a da pista, «Sesé» coñece a historia celeste do  mellor xeito posible: dende dentro.

No partido ante Palma, e dentro dos actos do 50 aniversario do club, Sesé será a persoa homenaxeada. A súa traxectoria meréceo sen dúbida. Sesé coñece milleiros de historias e ten gañado centos de  partidos xogados dende as oficinas, onde en ocasións o rival do día a  día,  o dos números,  é máis complicado que ter en fronte a un rival de Euroliga. 

Sesé saltará ao parqué tras décadas da súa vida entregadas ao Breo, sendo parte imprescindible dun equipo histórico que fixo posible que sigamos en pé 50 anos despois. 

Sesé representa a tódolos empregados da parcela menos visible do club.

Grazas Sesé por ensinarnos tanto.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información