Recuperación e xornada de convivencia do equipo para afrontar os retos das vindeiras semanas

O habitual día de descanso tras partido foi substituído por unha xornada de recuperación física e actividades e unha comida para “facer equipo”

Coa intención de recuperarse e afrontar os novos retos o equipo programou un luns con recuperación a primeira hora no centro deportivo Forus Lugo. A continuación o grupo desprazouse ás instalación de Hype Scape Room Lugo  (en Rúa San Eufrasio) onde participaron por grupos nos diferentes retos de escapismo que propón o local. Posteriormente citáronse para comer no restaurante Bora Bora (Rúa Serra de Outes 10).

Tras caer ante Baskonia, o Cafés Candelas Breogán afronta unas semanas clave nas que se enfrontará a dous equipos da parte baixa que tamén loitan por eludir o descenso. O vindeiro sábado día 16 ás 18:00 horas visitará ao Delteco GBC e o domingo 24 ás 12:30 horas chega ao Pazo o Montakit Fuenlabrada.

 

Dende o CB Breogán agradecemos a colaboración das empresas que facilitaron este día de convivencia para o equipo: o Centro Deportivo Forus Lugo, Hype Scape Room Lugo e o restaurante Bora Bora.

Recuperación e xornada de convivencia do equipo para afrontar os retos das vindeiras semanas
Recuperación e xornada de convivencia do equipo para afrontar os retos das vindeiras semanas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información