Renova en xuño para manter o teu asento e ter desconto no abono!

O 30 de xuño remata o prazo de dereito preferente sobre as localidades da pasada tempada

Os aboados que queiran manter o seu asento ou facer cambios dentro do prazo preferente para socios da pasada tempada teñen que facelo (tanto online como de xeito presencial) dentro deste mes de xuño.

Os que o fixeron ou que o fagan antes de que remate o mes poden manter as súas localidades e beneficiarse dun desconto de fidelidade do 5%.

Este ano como novidade existe a opción de renovar online e de fraccionar os pagos.

O xeito máis rápido e sinxelo dende a casa é o método online. So nuns minutos o aboado pode confirmar ou cambiar as localidades, actualizar datos si fose preciso, seleccionar o método de pago completo ou fraccionado, e renovar o abono e, de conservar as tarxetas do pasado ano (si no n hai cambio de categoría ou asento), non tería a necesidade de pasar por oficinas en ningún momento xa que as tarxetas activaranse ao completar o pago.

Os aboados que seleccionen o pago fraccionado poden distribuír as aportacións do xeito máis adaptado ás súas preferencias, aboando as cantidades ao longo do verán e coa única premisa de telo completado ao 100% antes do inicio da liga para que a tarxeta se active asistir ao primeiro partido do CB Breogán da nova tempada no Pazo.

--MÁIS INFORMACIÓN--

--RENOVAR ONLINE--

Renova en xuño para manter o teu asento e ter desconto no abono!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información