Renovación: Mrsic continuará á fronte do banco do Río Breogán

Compartir con

Técnico e club chegaron a un acordo para que o adestrador siga dirixindo ao equipo a próxima tempada

Vejko Mrsic chegaba ao Río Breogán mediado o mes de xaneiro tras dirixir á selección croata. O adestrador celeste conta con experiencia en España na súa etapa de xogador (Unicaja e Xirona) e adestrador (Bilbao Basket), e en varias ligas europeas. Foi no KK Cedevita, co que logrou varios títulos, onde coincidiu con Dzanan Musa ao que fixo debutar en Euroliga con só 16 anos.

Mrsic dirixiu ao Río Breogán nunha participación histórica na Copa do Rei e logrou unha permanencia matemática en Liga Endesa de forma folgada que permite ao club pensar en retos maiores.

Renovación: Mrsic continuará á fronte do banco do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información