Reserva a túa entrada para animar ao Cafés Candelas ante o Real Madrid no Wizink Center

Compartir con

Os celestes visitan ao equipo branco o sábado 27 ás 18:00 horas

Os afeccionados do Cafés Candelas Breogán que o desexen poden reservar entradas a prezo único de 20€ para retiralas e aboalas nas taquillas do Wizink Center o día de partido.

O club madrileño reserva zona para os afeccionados celestes que queiran situarse xuntos no Wizink para animar ao Breogán.

En función do número de reservas o club local informa de que disporá de localidades nos sectores 7 e 12.

Os afeccionados que prefiran mercar as entradas pola súa conta poden facelo na taquilla online do Real Madrid.

RESERVA AQUÍ

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información