Reunión na sede de ACB en Barcelona

Primeira toma de contacto para avanzar nas xestións que leven ao Cafés Candelas a inscribirse na máxima competición

En representación do club lucense, o Presidente Jesús Lázare acompañado por Javier Morandeira, mantiveron unha primeira reunión presencial na sede de ACB en Barcelona. Alí trataron polo miúdo os aspectos nos que o club traballa dende hai semanas para facer efectivo o ingreso na  Liga Endesa.

Esta reunión da continuidade ás múltiples conversas mantidas nas últimas datas grazas ás cales se avanzaron en moitos dos aspectos administrativos esixidos.

O club segue a traballar nas xestións precisas para facer efectivo o ascenso tralo éxito deportivo acadado nas canchas.

 

 

 

Reunión na sede de ACB en Barcelona

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información