Ricardo Úriz: Calidade e experiencia para a dirección do Cafés Candelas

O base chega ao Breogán procedente do Guipuzcoa Basket, equipo co que acadou o ascenso a ACB

Ricardo Úriz: Calidade e experiencia para a dirección do Cafés Candelas

O Cafés Candelas contará co experimentado base de 1,89 m. Ricardo Úriz (Pamplona, 30 de  xullo de 1980).

Úriz é un xogador que coñece a  fondo tanto a LEB Oro como a ACB, e conta cun amplo historial que inclúe ascenso a ACB, a pasada campaña, sendo un dos artífices do retorno á máxima categoría do Guipúzcoa Basket.

Úriz, irmán do tamén base LEB Mikel Úriz, participou en tódolos partidos da pasada tempada dirixindo o xogo do Guipúzcoa.

O Base promediou, nos 34 partidos de liga regular, 10,3 puntos, 4,8 asistencias, 2,6 rebotes en 26,17 minutos sobre o parqué.

Chega ao Cafés Candelas un dos mellores bases da categoría. Benvido!

Ricardo Úriz: Calidade e experiencia para a dirección do Cafés Candelas
Uriz lanza a canastra ante Fakuade no partido do Pazo a pasada campaña. Foto Pat Muñoz
Uriz lanza a canastra ante Fakuade no partido do Pazo a pasada campaña. Foto Pat Muñoz

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información