Ricardo Úriz, un ano máis coa celeste

Ricardo Úriz, un ano máis coa celeste

O base navarro, un dos heroes do ascenso, renova co Cafés Candelas Breogán

O equipo contará unha tempada máis cun dos bases máis experimentados do baloncesto nacional, con moita experiencia na máxima categoría e con sobrada capacidade para ser un dos líderes, como demostrou a pasada campaña, do novo Breogán 2018/2019.

Ricardo Úriz, un ano máis coa celeste

Ricardo Úriz Ancizu (Pamplona 1980) é un director de xogo (1,88 m.) cunha longa traxectoria en ACB (Baskonia, Valladolid, San Sebastián, Tenerife ou Fuenlabrada entre outros). Xogador importante dentro e fora da pista, na tempada 2017/18 foi un dos xogadores clave no ascenso do Cafés Candelas, asinando 10,1 puntos de media, 2 rebotes e 3,7 asistencias por encontro, nunha tempada na que o equipo lucense acadou a Copa Princesa de Asturias e o campionato de liga LEB o que lle valeu o salto de categoría a Liga Endesa.

Ricardo Úriz xa asinou o #FagamosEquipo !

Ricardo Úriz, un ano máis coa celeste
Ricardo Úriz, un ano máis coa celeste

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información