Renovado o acordo co provedor da roupa oficial do club
Wibo Sport e o CB Breogán seguirán da man a próxima tempada na máxima competición nacional. O equipo lucense aposta por seguir na familia Wibo Sport na súa volta á elite despois dun ano de moitísimo éxito e na que será a segunda tempada xuntos.
O Río Breogán volve á Liga Endesa despois de terminar como primeiro clasificado en LEB Oro e de haber levantado Copa Princesa, un ano histórico no que Wibo Sport envorcouse co equipo lucense realizando iniciativas cun grandísimo impacto. Na disputa de Copa Princesa, o CB Breogán luciu un equipamento exclusivo deseñado conxuntamente con Sargadelos para homenaxear os máis de 50 anos de historia celeste, e á memoria histórica, empresarial e cultural de Galicia representada pola empresa cerámica.
Ademais, o Río Breogán dispuxo ao termo da final de LEB ORO, camisetas Wibo Sport que facían referencia á súa volta á Liga Endesa co parche da competición, algo inédito e que mostra o compromiso de Wibo Sport co CB Breogán.
Tito Díaz, Director Xeral do CB Breogán apunta: “Para nós é unha satisfacción poder contar unha tempada máis con Wibo Sport, unha empresa que demostrou o seu compromiso, calidade e eficacia desde o primeiro momento. Será un pracer poder contar co respaldo dunha gran marca no noso regreso a Liga Endesa e que, tanto o primeiro equipo como os afeccionados a través do merchandising oficial, poidan lucir con orgullo as nosas cores nunha tempada ilusionante”.
Para Wibo Sport trátase dun acordo moi ilusionante: “Sempre estamos moi pendentes de Lugo, teñen uns valores que nos encantan. É un club moi importante para nós pola súa tradición de baloncesto e pola afección tan apaixonada que teñen, polo que que o CB Breogán siga na nosa familia é moi importante e moi bonito para nós”.
Nos próximos días será desvelada o primeiro equipamento do CB Breogán, con claras referencias á cidade e á provincia.
#ForzaBreo! ? ?
— WIBO (@WiboSport) August 17, 2021
El @CBBreogan seguirá siendo de la familia #Wibo en su vuelta a la @ACBCOM
Después de un año exitoso, SEGUIMOS JUNTOS y estamos listos para vivir una temporada apasionante ?
En breve desvelaremos las nuevas equipaciones… ESTAD ATENTOS ? #WeAreWibo ?? pic.twitter.com/hmqBw5Y9Ey
