Roope Ahonen causará baixa para o resto da tempada

Compartir con

Roope Ahonen causará baixa para o resto da tempada

As probas determinan unha lesión  que lle obrigará a pasar por quirófano

Tras as probas realizadas ao xogador do Leite Río Breogán Roope Ahonen, o equipo médico diagnosticou unha lesión de xeonllo que o obrigará a ser intervido cirurxicamente e a permanecer apartado das canchas, probablemente, o que resta de tempada.

Desde o club transmitiuse todo o apoio ao xogador neste complicado momento, e trabállase para que sexa intervido canto antes para facilitar unha rápida recuperación.

Así mesmo, quérese agradecer ao equipo médico e a todas as persoas que forman o Oviedo Baloncesto, o seu apoio e facilidades prestadas desde o instante en que o xogador sufriu a lesión durante o partido disputado en Pumarín.

Toda a nosa forza e ánimo co desexo de que canto antes Roope volva a amosar a súa excelete calidade sobre as canchas. #ForzaRoope

Roope Ahonen causará baixa para o resto da tempada
Roope Ahonen causará baixa para o resto da tempada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información