Roope Ahonen seguirá no Leite Río Breogán

Compartir con

O club celeste mentén a un dos grandes anotadores da competición

Desde o Leite Río Breogán queremos expresar a nosa satisfacción por anunciar a renovación de  Roope  Ahonen, un xogador polivalente, que pode xogar de escolta e  de base, moi completo, con bo manexo de balón, capaz de xerar xogo para os seus compañeiros e con moita capacidade de anotación. 
O internacional finlandés é un moi bo tirador, ademais de ser correcto e traballador en defensa. 
Ahonen expresou, #ante a súa continuidade, ilusión e ganas de demostrar todo o baloncesto que leva dentro e que o ano pasado pola lesión non puido. Para iso permaneceu en Lugo traballando duro co preparador físico e os  fisios do equipo desde que acabou a tempada e atópase cada día mellor, traballando duro e  recuperándose para chegar en plena forma ao comezo da tempada. 

A pouco que a sorte que lle faltou o ano pasado, debido á súa lesión, acompáñelle, seguro que mostrará o xogador que realmente é coa camiseta celeste.

Roope Ahonen seguirá no Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información