Scott Bamforth, puntos e experiencia para o Río Breogán

Compartir con

O escolta de 33 anos e 1,88m conta con traxectoria en Liga Endesa

O Río Breogán e o escolta estadounidense con pasaporte de Kósovo, Scott Douglas Bamforth, chegaron a un acordo para a próxima tempada.

Nacido en Albuquerque (Novo México) formouse na universidade e Webber State onde destacou polo seu talento anotador. En 2013 chega a Europa da man do Cajasol e debuta en ACB onde xogará tamén en Murcia (2014-2015), unha segunda etapa en Sevilla (16-17) e Bilbao na tempada 17-18. Na súa etapa en Liga Endesa superou os 11 puntos de media.

Posteriormente xogaría en Italia dúas tempadas (Sassari), Montenegro (Buducnost) e Francia outras dúas campañas (Le Mans).

Na pasada tempada, Bamforth fixo 12,2 puntos, 3,2 rebotes e 3,2 asistencias na liga gala.

Achegase experiencia, liderado, capacidade para xerar xogo e lanzamento exterior.

 

Scott Bamforth, puntos e experiencia para o Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información