Será preciso presentar certificado COVID para acceder ao Pazo dos Deportes

Compartir con

Os maiores de 12 anos deberán presentar en porta certificado de vacinación con pauta completa, de proba diagnóstica negativa ou certificado de recuperación

MEDIDAS A APLICAR SEGUNDO A ORDE DO 14 DE DECEMBRO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS PREVENTIVAS DE SEGURIDADE SANITARIA CONSISTENTES NA EXHIBICIÓN DE DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE O CUMPRIMENTO DE DETERMINADOS REQUISITOS PARA O ACCESO A CERTOS ESTABLECEMENTOS E SE PRORROGAN DIVERSAS ORDES COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.


PUNTO Terceiro: medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a eventos multitudinarios.

OS MAIORES DE 12 ANOS deberán presentar un CERTIFICADO emitido polo servizo público de saúde ou laboratorio oficial autorizado que ACREDITE unha destas situacións:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

OU

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.

OU

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.


NOTAS ACLARATORIAS:

  • Fundamentación da medida: adóptase como condición para manter a actividade neste tipo de eventos, atendida a situación epidemiolóxica actual, e constitúe, deste xeito, unha medida alternativa menos gravosa para a consecución do fin proposto de saúde pública con igual eficacia que limitar ou establecer novas restricións ás citadas capacidades máximas e horarios.

  • Non cumprimento: As persoas titulares dos establecementos ou o seu persoal terán a obrigación de realizar o control do cumprimento da medida de seguridade sanitaria, polo que non se permitirá o acceso das persoas que non exhiban a documentación requirida, que será necesaria para o acceso e a prestación dos correspondentes servizos ao cliente.

  • Modo de comprobación: a comprobación da validez dos certificados presentados, tanto en formato papel como en formato dixital, só poderá ser efectuada polos establecementos a través da lectura do código QR que figura en cada un dos certificados, empregando para tal fin a aplicación Passcovid da Comunidade Autónoma de Galicia de Galicia, prevista na Orde da Consellería de Sanidade do 18 de agosto de 2020, pola que se regula o sistema de información Passcovid.gal

  • Tratamento de datos: non se conservarán en ningún caso datos de carácter persoal nin se crearán ficheiros con eles. Polo tanto, non se realizarán en ningún caso operacións de tratamento sobre datos persoais, xa sexa por procedementos automatizados ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso ou outra operación non permitida pola normativa vixente. as persoas titulares dos establecementos, os organizadores ou o persoal que realice o control de acceso están obrigados a manter o segredo e a confidencialidade sobre os datos persoais a que accedan.

  • Fundamentación xurídica: medida autorizada polo TSXG en data 16 de decembro de 2021

 

Será preciso presentar certificado COVID para acceder ao Pazo dos Deportes

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información