SERFUJA e Breogán renovan o seu acordo de patrocinio

Compartir con

SERFUJA e Breogán renovan o seu acordo de patrocinio

A empresa amplía o seu compromiso de apoio ao club celeste

SERFUJA As Gándaras seguirá sendo unha das empresas máis importantes dentro dos patrocinios privados que recibe o CB Breogán.

SERFUJA é unha empresa familiar dedicada dende hai décadas a servizos funerarios integrais que naceu en Castro Ribeiras de Lea en conta con instalacións no polígono lucense de As Gándaras. Dende hai varias tempadas é unha das expresas que “fan equipo” co Breogán como patrocinador, non so con presencia da súa imaxe no Pazo dos Deportes e nos medios dixitais do club, senón tamén cun afán colaborador en actividades sociais. Na segunda parte da presente  tempada está previsto que SERFUJA teña presencia en actividades diversas como a organización de charlas visitas a centros escolares e outras iniciativas que verán a luz proximamente.

O presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, e o xerente de SERFUJA, Jorge Balado, asinaron o acordo nas instalacións da empresa no polígono de As Gándaras.

SERFUJA e Breogán renovan o seu acordo de patrocinio

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información