Serfuja renova o seu compromiso con facer equipo co Breo

Compartir con

Serfuja renova o seu compromiso con facer equipo co Breo

A empresa lucense mantén o seu apoio como patrocinadora e impulsora de iniciativas sociais

O xerente de Serfuja, Jorge Balado, e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, acompañados polo xogador Sergi Quintela, selaron o acordo mediante o cal a empresa lucense continúa unha tempada máis como unha das entidades patrocinadoras do CB Breogán cun lema que reflicte o compromiso con Lugo e o Breo: “somos os da casa”.

Tito Díaz agradeceu o apoio de Serfuja destacando o feito de que “empresas de Lugo apoien o deporte é unha grande nova que supón un estímulo para seguir traballando por un proxecto que implique a todos”.

Pola súa banda, Jorge Balado, xerente do Tanatorio As Gándaras de Serfuja, destacou que "o noso apoio ao Breogán, por terceira tempada consecutiva, pon de manifesto o compromiso co que, sen lugar a dúbidas, xa se ten convertido nun dos principais emblemas de Lugo". Nesa liña, subliñou que "seguramente poucas entidades reflictan tan claramente o sentimento de ser lugués" coma este equipo de baloncesto, motivo polo que "renovamos o noso acordo, conscientes de que o equipo precisa sumar apoios para volver ocupar o lugar que merece a nivel de club e, por suposto, tamén da súa afección".

A este respecto, a empresa Serfuja, propietaria do Tanatorio As Gándaras, aproveitou a sinatura do convenio de patrocinio para lanzar o programa de accións 'Somos os da casa', co que reivindica o seu carácter local logo de terse convertido dende hai unhas semanas na única empresa luguesa do sector fúnebre en todo o Concello de Lugo. Ao abeiro desta iniciativa desenvolveranse un conxunto de propostas "que, co apoio de Serfuja As Gándaras, permitirán seguir profundizando nesa conexión tan íntima que existe entre os lugueses e o Breogán". Estas propostas, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses, seguen unha filosofía similar á da tempada pasada, na que Serfuja permitiu a medio cento de afeccionados participar nun adestramento cos seus ídolos nas ProAm ou na que uns 200 escolares de distintos centros educativos da cidade se puideron achegar a xogadores para entrevistalos no seu propio colexio, así como participar nun concurso infantil sobre a morte.

Por último, Jorge Balado tamén quixo agradecer ao equipo de baloncesto "esta nova oportunidade por permitirnos seguir apostando por unha entidade tan vencellada a Lugo e na que un dos sentimentos que predomina é tamén o da familia, algo que nos identifica tamén moito en Serfuja".

Serfuja renova o seu compromiso con facer equipo co Breo
Serfuja renova o seu compromiso con facer equipo co Breo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información