Os irmáns lucenses do Río Breogán encheron o salón de actos de San Marcos
Acompañados polo deputado provincial Efrén Castro, coa colaboración do xornalista Ovidio González e co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación e Lugo, o salón de actos de San Marcos acolleu unha charla na que Sergi e Érik fixeron un repaso da súa traxectoria persoal e profesional. Desde o máis íntimo todo o máis coñecido para o público, os Quintela tocaron múltiples aspectos da súa vida como deportistas que, alcanzado o éxito de xogar no máis alto do baloncesto, nunca se despegaron das súas raíces.


