Sergi e Érik Quintela, facendo equipo con Grupo ALBURA e a Fundación Amigos de Galicia nunha entrega solidaria

Compartir con

Sergi e Érik Quintela, facendo equipo con Grupo ALBURA e a Fundación Amigos de Galicia nunha entrega solidaria

O Hotel Forum Ceao, pertencente ao Grupo ALBURA Hostalaría, foi o escenario do Nadal ideal para a entrega de agasallos aos menores das familias en risco de exclusión social atendidas por Fundación Amigos de Galicia na cidade de Lugo

Carmen Lence, CEO Grupo Lence; Jesús Busto Peteiro, Director Xeral de Fundación Amigos de Galicia e os irmáns Quintela, Sergi e Erik, do Río Breogán entregaron hoxe agasallos a unha das familias en risco de exclusión social atendidas por Fundación Amigos de Galicia na cidade de Lugo.

• Para esta entrega, que se fixo extensiva ás familias atendidas pola entidade na cidade de Lugo, foi fundamental o apoio de Grupo Lence, que colaborou cunha doazón económica para a compra de agasallos con motivo das datas do Nadal.

O grupo empresarial e en especial o Hotel Forum Ceao, pertencente ao mesmo, uníronse á campaña impulsada por Fundación Amigos de Galicia “Comparte Ilusión”, co obxectivo de que ningún neno ou nena en risco de exclusión social quede sen agasallos este Nadal.

O Hotel Forum Ceao acolleu unha entrega de agasallos de Nadal moi especial para unha familia con menores a cargo atendida por Fundación Amigos de Galicia na cidade de Lugo.

“Desde Fundación Amigos de Galicia queremos mostrar todo o noso agradecemento a Grupo Lence por toda a súa colaboración, xa que este tipo de accións están a ser fundamentais para que podamos entregar máis de 2.128 agasallos entre menores de toda Galicia e que poidan gozar dun Nadal con ilusión”, asegurou o Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro.

“Este está a ser un ano difícil para as familias que atendemos debido para os efectos da crise económica e social que estamos a vivir, unha crise que está a afectar en especial ás persoas máis vulnerables. Por iso, este ano necesitamos máis axuda que nunca, e para iso levamos a campaña “Comparte Ilusión”, para conseguir entre todos que as familias que atendemos poidan vivir un Nadal digno”, asegurou Busto. “Accións como esta axúdannos a conseguir o noso obxectivo”.

“Para nós é un pracer poder contribuír a axudar a familias que o necesitan, sobre todo nunha época tan especial como esta. É importante que todos teñamos esa ilusión e que ninguén senta esquecido”, asegurou Carmen Lence durante a entrega.

Erik Quintela exerceu de portavoz dos irmáns do Río Breogán e felicitou pola iniciativa e polo seu traballo á Fundación Amigos de Galicia e agradeceu a Grupo Lence a súa implicación por axudar a familiar que máis o precisan en Lugo, un agradecemento que fixo “tamén como lucense” e expresou o orgullo de poder botar unha man neste tipo de iniciativas xunto ao seu irmán Sergi e o resto do equipo.

E é que o grupo sumouse no mes de decembro á campaña solidaria impulsada por Fundación Amigos de Galicia “Comparte Ilusión” colaborando cunha doazón económica que permitiu a compra de xoguetes novos para as familias atendidas na cidade de Lugo por parte da entidade.

A entrega contou ademais coa visita dos xogadores do Breogán, os irmáns Quintela, que ademais de darlles os agasallos aos menores entregáronlles uns detalles por parte do club lucense, asegurando sentirse moi orgullosos de poder participar en iniciativas deste tipo.

Campaña “Comparte Ilusión” de Fundación Amigos de Galicia

Esta colaboración enmárcase na campaña de Nadal “Comparte Ilusión” que todos os anos desenvolve a entidade pola cal “estimamos que este ano se entregarán 2.128 xoguetes novos entre menores de Galicia en risco de exclusión social”.

A pandemia non fixo máis que agravar a situación das familias vulnerables ás que xa atendía Fundación Amigos de Galicia neste ámbito, así como incorporou a familias novas que viron como a súa situación económica empeoraba.

Por iso, accións como esta, axúdannos a que todas as familias que se atopan nesta situación poidan ter un Nadal digno.

Toda a información da campaña en:

https:// amigosdegalicia. org/comparte- ilusion

Sobre Fundación Amigos de Galicia

Entidade prestadora de Servizos Sociais e Axencia de Colocación cuxa misión principal é a loita contra a pobreza e a exclusión social promovendo a inserción social e laboral dos colectivos en risco de exclusión social de Galicia, prestando especial atención á infancia.

Entre as principais liñas de actuación da entidade atópase: a cobertura de necesidades básicas, orientación laboral, protección da infancia, atención integral de mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade e menores implicados; atención a persoas maiores que viven soas e fomento do voluntariado; entre outros.

https:// amigosdegalicia. org/

 

Sobre Hotel Forum Ceao-Grupo Albura

Grupo Albura – Hostalería e Servizos é un grupo con espírito novo, pero cunha tradición consolidada

Pertencente ao Grupo LENCE, nos últimos anos renova a súa oferta, incorporando novos establecementos no territorio galego, coa intención de converterse nun importante referente dentro do mundo da restauración e a hostalería, tanto pola calidade da súa proposta gastronómica como pola súa constante innovación.

Albura Grupo e as súas marcas: Hotel Forum Ceao, Restaurante Terra e Encontro Gomeán promoven e defenden o modelo de empresa responsable, integrando os valores de confianza e compromiso na cadea de valor das súas empresas, cos seus clientes, cos seus traballadores e con a contorna.

https://www.grupoalbura.com/

Sergi e Érik Quintela, facendo equipo con Grupo ALBURA e a Fundación Amigos de Galicia nunha entrega solidaria

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información