Sergi Quintela, recuperándose dunha escordadura de nocello

Compartir con

O Río Breogán da o alta temporal a Álex Urtasun

O xogador lucense sufriu unha torcedura que lle manterá en recuperación nun prazo de entre dous e tres semanas dependendo da súa evolución

Sergi Quintela traballa xa na súa recuperación co fisioterapeuta do Río Breogán, Pablo Duarte e o preparador físico Rubén Portes, baixo a supervisión do equipo médico do club encabezado polo Dr. Luís Coira, coa intención de acurtar os prazos do seu regreso na medida do posible.

Ante a baixa de Sergi Quintela, o club deu de alta a Álex Urtasun de forma temporal mentres se recupera o escolta lucense. Urtasun, que leva uns días adestrando co Río Breogán, viaxará co equipo aos compromisos de Bilbao e Valencia.

Desde o club deséxase a Sergi unha rápida recuperación e agradécese a predisposición de Álex Urtasun para axudar ao equipo.

O Río Breogán afronta dous partidos en catro días, visitando a Bilbao o xoves (20:00horas) para disputar o encontro aprazado da xornada 12. O equipo viaxará desde a cidade vasca directamente a Valencia onde se enfrontará ao Valencia Básket o domingo ás 20:00 horas.

Foto Carlos Castro ACB Photo
Foto Carlos Castro ACB Photo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información