Seydou Aboubacar desvincúlase do CB Breogán e xogará en Ourense

Compartir con

O pivote reforzará ao Hereda COB na súa loita polo ascenso

Un dos heroes do último ascenso do Río Breogán, Seydou Aboubacar, deixa a disciplina do equipo celeste e xogará no Club Ourense Baloncesto.

Aboubacar atópase xa recuperado dunha intervención de xeonllo que solventou unhas molestias que lle condicionaron nalgunhas fases da pasada tempada. Esas molestias non lle impediron ser peza importante no regreso do Río Breogán a Liga Endesa. Agora buscará recuperar o ritmo competitivo e reforzará a pintura do COB, que loita por regresar a LEB Oro.

Desde o CB Breogán queremos agradecer o traballo, profesionalidade e achega de Seydou ao club, tanto dentro como fora da pista e desexámoslle o mellor na súa nova etapa.
Seydou sae pero deixa as portas abertas da que sempre será a súa casa.

Grazas e sorte Sey!

E aos amigos do Hereda COB desexamos a mellor tempada posible e que, máis cedo que tarde, o Derbi do Miño sexa unha realidade no máis alto do baloncesto español.

Seydou Aboubacar desvincúlase do CB Breogán e xogará en Ourense

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información