Seydou Aboubacar, potencia interior para o Leite Río Breogán

Compartir con

Seydou Aboubacar, potencia interior para o Leite Río Breogán

O equipo celeste incorpora a un dos mellores interiores da pasada tempada en LEB Oro

Seydou Aboubacar Hima (Níxer, 9 de maio de 1994 ) é un pivote de 2,07m. en constante progresión que destaca pola súa capacidade física en posicións próximas ao aro, achegando solidez, rebote e intimidación.

Procedente do Carramimbre Valladolid, Seydou converteuse en peza clave do equipo que marchaba líder de LEB Oro no momento en que finalizou a pasada tempada, achegando 6,8 puntos e 7 rebotes de media en 20 minutos sobre a pista.

Seydou é moi coñecido pola afección celeste xa que xogou no Estudantes Lugo na tempada 16/17 e completou pretempada e os adestramentos do primeiro equipo do Breo en varias etapas.

O novo pivote celeste chegou a debutar en Liga Endesa da man de Bilbao Básquet en 2015 e é internacional con Costa de Marfil.

De familia lucense, a incorporación de Seydou Aboubacar ao Leite Río Breogán é unha benvida á súa casa.

Traxectoria:

CB Piélagos (2011-2012)

CB Prat (2012-2013)

Club Deportivo Maristas Palencia (2013-2014)

Zornotza Saskibaloia Taldea (2014-2015)

Bilbao Basket (2015-)

CB Plasencia (2016-2018)

Club Baloncesto Ciudad de Valladolid (2018-2020)

Seydou Aboubacar, potencia interior para o Leite Río Breogán
Seydou Aboubacar, potencia interior para o Leite Río Breogán
Seydou Aboubacar, potencia interior para o Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información