Situación física do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Repaso ao estado físico dos xogadores en recuperación

Alec Brown: Tralas probas realizadas diagnosticouse un esguince de nocello en grado dous e está a realizar traballo intenso en piscina con preparador físico e fisioterapeuta para acelerar o seu regreso á pista.

Salva Arco: Tras un mes de recuperación dos seus problemas de nocello o xogador será sometido de novo a probas esta mesma semana para determinar o seu grado de evolución na procura de ampliar a carga de traballo e incorporarse progresivamente aos adestramentos en pista co equipo

Úriz: Traballa en piscina con fisioterapeuta e preparador físico para recuperarse das molestias no xeonllo. As probas ás que se somete periodicamente marcan a carga de traballo para acurtar os prazos.

Sulejmanovic: Sufriu unha contusión ósea na zona externa do xeonllo esquerdo durante o partido de gran Canaria e traballa á marxe en piscina para volver nos vindeiros días a traballar na cancha.

Norel: Traballa en piscina para evolucionar trala intervención.

Kabasele: O xogador cumpre 5 meses dende a súa intervención por rotura de ligamentos. Evoluciona favorablemente e atópase na fase final de traballo en piscina e irá incorporando tempo de traballo específico en pista.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información