Solidariedade na loita contra o cancro infantil

Compartir con

Facendo equipo contra o cancro coas cores de "Somos Unidos"
Facendo equipo contra o cancro coas cores de "Somos Unidos"

Breo, Deputación de Lugo, Peña Breogán e Somos Unidos por el Cáncer dedican o partido do sábado á mellor causa posible

A Peña Breogán repartirá nas portas do Pazo aplaudidores a cambio de achegas voluntarias da afección. O recadado irá para axudar a Somos Unidos por el Cáncer, unha asociación que traballa polo benestar dos doentes e familiares abordando múltiples problemáticas que presenta o cancro para os doentes e a súa contorna.

No partido do sábado repartiranse aplaudidores azuis e amarelos grazas a Peña Breogán. A colaboración enmárcase dentro do contrato de patrocinio que mantén o organismo provincial co Club.

 O CB Breogán enfrontarase, no partido do próximo sábado, ao Valladolid, actual líder da clasificación, unha nova cita deportiva que servirá como altofalante para a Asociación Somos, Unidos polo Cancro.

O Deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou “o labor da asociación, pois o cancro é unha enfermidade con moitas frontes, e unha delas, as veces esquecida, é o acompañamento dos enfermos e ás familias, tanto material como psicolóxico e anímico”.

O Presidente de Somos, unidos polo cancro, José Manuel Vázquez, lembrou que “a asociación naceu para dar apoio aos nenos con cancro, e o partido celébrase precisamente no Día do Cancro Infantil”.

Pola súa banda, Tito Díaz, explicou que “para o Breogán é unha satisfacción participar de actos solidarios xunto coa Deputación e que a súa repercusión na sociedades axude a Asociacións como Somos, ademais esta é unha ocasión especial pois o Breogán é Socio de Honra da Asociación, e o noso base Christian Díaz é o seu embaixador”.

A colaboración da Área de Deportes da Deputación enmárcase dentro do contrato de patrocinio que mantén o organismo provincial co Club de Baloncesto e nesta ocasión tamén se implicou a Peña Breogán, que repartirá aplaudidores amarelos e azuis a cambio de donacións nas entradas do Pazo.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información