Sollazzo e Kacinas comparten o seu desexo de saltar xa á cancha

Compartir con

Os xogadores do Leite Río Breogán coinciden nas ganas de comezar a tempada

Mindaugas Kacinas e Adam Sollazzo son dous das novas incorporacións do Leite Río Breogán. A poucos días do primeiro partido de liga da tempada 2020/2021, os xogadores celestes compareceron en sala de prensa e, coa colaboración do técnico Javier Muñoz na tradución, expresaron o seu desexo de xogar o primeiro partido do novo curso.

Tanto Kacinas como Sollazzo mostráronse satisfeitos co traballo de pretemporada e a súa adaptación ao equipo e a cidade. Os dous coñecen a LEB Oro e, a pesar diso, o novo sistema de competición failles sentirse coma se saísen a un escenario ata certo punto descoñecido.

Kacinas confesouse ”ansioso” por saltar á pista no primeiro partido e sorriu baixo a súa máscara cando se lle preguntou sobre cales son os seus puntos fortes e habilidades para achegar ao equipo. O lituano dixo que “dalo todo é o mellor dos talentos”.

Adam Sollazzo coincidiu nas súas ganas de saltar ao parqué en partido oficial en liga tras varios meses adestrando e varios deles facéndoo en solitario debido á crise sanitaria. O xogador celeste dixo estar moi a gusto na cidade de Lugo e destacou que “o club e todo o staff coida moito de nós e estamos a traballar ben, só pensamos en saltar xa á pista”.

Sollazzo e Kacinas comparten o seu desexo de saltar xa á cancha

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información