Sorteados os asistentes para os partidos con aforo parcial

Compartir con

O sorteo foi efectuado ante notario para elixir aos aboados antes do pirmeiro partido como local da tempada 20/21

A Notaria Patricia Pose Paz foi a encargada de elaborar o sorteo que deu como resultado a orde de asistencia repartida entre as zonas do Pazo e cuxo reparto será proporcional á escasa porcentaxe de socios que poderán asistir ao primeiro partido e posteriores que teñan aforo parcial. O club axustaráse á normativa derivada da situación sanitaria en cada partido e o número de persoas que admitadita norma en cada momento.

No sorteo foi elixida a fila en cada zona de grada onde comezará a contar o número de asistentes, e o sentido no que se fará o avance desde o primeiro afortunado de cada fila. Esta orde  manterase durante tódoslos partidos con aforo parcial  contactarase desde o club cos aboados aos que lles toque a opción de acodir ao partido por orde establecida segundo o sorteo.

O sorteo queda deste xeito:

BANCOS DE FONDOS (CAB, CBB, CCB/ EAB, EBB, ECB): FILA 4, con avance de filas ascendente (de abaixo cara a parte alta da zona).

CADEIRAS BRANCAS DE FONDOS (CA, CB,CC/ EA, EB, EC): FILA 6, con avance de filas ascedente (de abaixo cara a parte alta da zona).

BANCOS E CADEIRAS GRISES DE LATERAIS (LAB, LBB, LGG, LCB, LDB/ MAB, MBB, MGG, MCB, MDB): FILA10 en sentido descendente (desde arriba cara a parte baixa da grada).

CADEIRAS BRANCAS DE LATERAIS (LA, LB LG, LC, LD/ MA, MB, MC, MD): FILA 5 en sentido descendente (desde arriba cara a parte baixa da grada).

Os abonados aos que lles corresponde o dereito a asistir, segundo os dados de alta no momento do sorteo, están a ser contactados desde o club.

En caso de que os afortunados rexeiten a entrada por calquera circunstancia ou non se obteña resposta, as entradas sobrantes, de habelas, poranse a disposición dos abonados que pagaran o abono completo por orde de inscrición.

Agardamos que, se a situación mellora, pronto poidamos acoller partidos cunha ampla parte a enorme Marea Celeste.

Sorteados os asistentes para os partidos con aforo parcial

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información