Stainbrook, mellor center da xornada

Compartir con

O norteamericano do Cafés Candelas asinou un partido estelar pero sen premio para o equipo

O esforzo que o Cafés Candelas tivo que facer para manterse en pé en Huesca, con moitos efectivos afectados por virus, dinamitou as opción de sumar un novo trunfo. O Peñas Huesca estivo moi acertado e non podemos saber que houbese ocorrido se ter Natxo Lezkano a todos os efectivos á súa disposición.

O que non deixou dúbida foi a entrega dos xogadores celestes e mesmo un deles, Matt Stainbrook, chegou a facer un partido a nivel de MVP que lle permite aparecer no quinteto ideal da xornada como mellor center.

Stainbrook, mellor center da xornada

Matt Stainbrook brillou en Huesca con 21 puntos, 15 rebotes e  2 asistencias para acumular 32 tantos de valoración.

O interior celeste forma parte do quinteto da xornada 12 na que o base do Prat, Josep Pérez foi MVP con un punto máis de valoración que o breoganista.

Base: Josep Pérez (CB Prat) 33 val: 30 puntos (2/2 TL e 10/18 TC), 4 rebotes, 5 asistencias, 3 recuperacións e 2 faltas recibidas.
Escolta: Jordi Grimau (Trapa Palencia) 30 val: 26 puntos (10/11 TL e 7/12 TC), 3 rebotes, 1 asistencias e 10 faltas recibidas.
Alero: Nemanja Mitrovic (Sáenz-Horeca Araberri) 23 val: 24 puntos (9/13 TC), 2 asistencias, 1 recuperación e 2 faltas recibidas.
Ala-Pívot: Fran Guerra (Melilla Baloncesto) 26 val: 16 puntos (2/2 TL e 7/9 TC), 10 rebotes, 3 asistencias, 2 recuperacións e 3 faltas recibidas.
Pívot: Matt Stainbrook (Cafés Candelas Breogán) 32 val: 21 puntos (1/1 TL e 10/16 T2), 15 rebotes, 2 asistencias, 1 recuperación e 1 falta recibida. 
 

Stainbrook, mellor center da xornada
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Stainbrook, mellor center da xornada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información