Stefan Momirov, novo xogador do Río Breogán

Compartir con

O xogador serbio de 1,98 m. e 22 anos vestirá a camiseta celeste na tempada 2022-2023

O Río Breogán chegou a un acordo co aleiro serbio Stefan Momirov, procedente do Kolossos Rodou, terceiro clasificado da primeira liga grega tras os xigantes Olimpiacos e Panathinaikos, onde promediou 6,9 puntos, 3,5 rebotes e 1,2 asistencias en 27 minutos de media sobre a pista.

Stefan Momirov naceu en Vrsac, Serbia o 18 de decembro de 1999 e formouse na academia Rede Star, desde onde chegou en 2017 ao FMP Belgrado, onde permaneceu ata 2020 cunha cesión no Vrsac.

Na tempada 2020/21 xogou en Mega Soccerbet, promediando 6,9 puntos, 2,8 rebotes e 1,7 asistencias na Liga Adriática, antes de dar o salto á primeira liga grega.

Internacional con Serbia en todas as categorías de formación, logrou a medalla de ouro no Campionato de Europa U18 en 2017.

Momirov é un aleiro novo de gran proxección e con bo físico, bo defensor e con ameaza no tiro exterior. Pero, sobre todo é un xogador de equipo que achega en todas a faceta do xogo.

Benvido!

Stefan Momirov, novo xogador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información