Súmate á tempada da resistencia: Aberto o prazo para novos abonados

Compartir con

O Leite Río Breogán segue sumando e supera as 2.200 renovacións na tempada máis difícil

Superadas as 2.200 renovacións na fase inicial, na web xa se poden sumar novos socios a esta tempada de “resistencia” ante unhas circunstancias que dificultarán a asistencia con regularidade ao Pazo.

Os obstáculos que, sen dúbida, trae esta tempada, esixirán unha actitude de resistencia na que club, equipo, abonados e patrocinadores, terán que formar un gran equipo tanto dentro como fóra da cancha.

Os interesados en abonarse poderán facelo de dúas maneiras:

A) ALTA CON PAGO INICIAL E COMPRA DE ENTRADAS

Un pago inicial de 30€ que dá dereito a reserva de localidade, garantida para o seu uso en caso de aforo completo e con preferencia sobre ela na próxima tempada. Estes abonados terán que comprar unha entrada a prezo porporcional do seu abono (ver condicións) cada vez que o sorteo e as condicións de aforo determinen que está entre os socios con dereito a un partido concreto.

B) PAGO DE ABONO COMPLETO

Modalidade implantada a pedimento de varios aboados que optan por pagar o prezo completo do abono e o que, ademais de reservar a súa localidade, evitaralles o trámite da compra de entradas.

Ao ser unha modalidade voluntaria implica a renuncia a calquera devolución (o que supoñerá unha notable axuda económica para o club).

Os abonados que elixan esta opción recibirán un pack de merchandising oficial como agradecemento.

Esta modalidade dotará tamén ao abonado de preferencia sobre as posibles entradas sobrantes non usadas por abonados no sorteo de cada xornada.

En todas as circunstancias de aforo parcial, serán os abonados da tempada 2020/2021 os que teñan preferencia sobre as entradas e localidades dispoñibles.
 

MÁIS INFORMACIÓN

ALTAS 

Súmate á tempada da resistencia: Aberto o prazo para novos abonados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información