Superado o 40% de renovacións da pasada tempada

Compartir con

A campaña de abonos avanza a bo ritmo. A opción ONLINE, elixida por moitos afeccionados pola facilidade de uso

Tras so uns días de venda de abonos para a tempada 2018/2019, máis dun 40% dos 2.900 aboados da pasada campaña xa confirmaron a súa renovación. Nesta primeira fase do mes de xuño, os aboados do curso pasado teñen preferencia sobre os seus asentos e teñen a opción de mantelos ou cambiar para algún dos que aínda non foran ocupados.

A venda presencial está a ser compartida coa boa aceptación da renovación online, un trámite rápido e sinxelo pensado para que o seareiros poidan facer dende a súa casa, sen horario nin colas, a súa renovación do xeito máis cómodo.

Os interesados en darse de alta que non teñan o abono da pasada tempada, terán que agardar ata o mes de xullo no que se abrirá a venda ao público en xeral.

Os aboados da pasada campaña -se non cambian de categoría nin localidade- poderán seguir utilizando a súa tarxeta da pasada tempada xa que, no momento de completar o pago do abono ao 100%, activarase automáticamente para que podan acceder aos partidos do Pazo.

O horario de atención en oficinas do Pazo dos Deportes é de luns a venres de 10:00 a 13:45 e de 17:00 a 19:45 horas. A renovación online está disponible as 24 horas dos sete días da semana.

-MAÍS INFORMACIÓN-

 

-RENOVA O TEU ABONO AQUÍ-

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información