Tarde de baloncesto e solidariedade, o sábado, no Pazo dos Deportes

Compartir con

Ribeira Sacra Breogán, Durán Maquinaria Ensino e Cruz Vermella únense por unha causa solidaria e, ademais, ofrecerán unha tarde de baloncesto de alto nivel o vindeiro sábado. Aquelas persoas que se acheguen á porta do Pazo con cinco paquetes de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, legumes, etc) poderán entrar de xeito gratuíto e asistir á dobre xornada de baloncesto e de paso colaborar cos máis necesitados.

Tarde de baloncesto e solidariedade, o sábado, no Pazo dos Deportes

O primeiro partido será ás 18:00 horas e o Ribeira Sacra Breogán recibirá nada menos que ao Mywigo Valladolid. O segundo será un partidazo de invictos entre o Durán Maquinaria Ensino e o GDKO Bizkaia (20:45 horas).

Ademais, os abonados da presente tempada do Ensino e o Breo poderán utilizar o seu carné para acudir aos dous partidos. Unha tarde solidaria e chea de bo baloncesto.
A iniciativa foi presentada polo presidente provincial de Cruz Vermella Lugo, Luis Abelleira, o vicepresidente do Porta XI Ensino, Santiago Argüeso, e a portavoz da xunta directiva Loly Vilares, e o conselleiro delegado do CB Breogán Alberte Fernández.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información