Tarence Kinsey, impresionado coa afección do Pazo

Compartir con

O norteamericano do Cafés Candelas compareceu en rolda de prensa en Hospital POLUSA, onde se asinou o convenio de colaboración entre o centro hospitalario e o club lucense

Kinsey destacou o ambiente vivido no Pazo no partido ante Movistar Estudiantes e a convivencia coa afección: «Cando cheguei a Lugo dixéronme que era especial, pero puiden comprobar que é incrible a afección de Lugo. Foi impresionante o apoio e, tralo partido, cando volvimos a pista para estar cos nenos, foi moi especial. Non moitos club fan iso, pero deberían» declarou.

Para o xogador a súa chegada ao Breogán constitúe «unha oportunidade de xogar nunha das mellores ligas que existen, é un reto e un paso importante na miña carreira».

O exterior falou das súas sensacións no dia a día dentro do equipo: «Estou nun período de adaptación pero pouco a pouco vou atopándome mellor e coñecendo moito mais o idioma, o que me vai axudar tamén no xogo».«Síntome ben e sempre trato de dar o cen por cen como sempre fixen. Non sempre podemos controlar se o balón entra ou non, pero estou preparado para dalo todo nos minutos que me toque xogar», asegurou.

Interrogado sobre o que o adestrador, Natxo Lezkano, pide ao xogador, e sobre as opcións do equipo, Kinsey dixo que «está pedindo un esforzo a todos e traballo duro que será o que nos dará vitorias. Cada partido vai ser moi duro, todo o mundo está a xogarse algo, pero se este equipo traballa duro, quen sabe onde está o límite do que se pode acadar?».

 

Tarence Kinsey, impresionado coa afección do Pazo
Tarence Kinsey respondeu as preguntas dos xornalistas e contou coa colaboración do técnico Pablo Abuín na traducción

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información