Tita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreo

Compartir con

Se unha persoa encarna o que significa o baloncesto a tódolos seu nivéis, esa é Tita Franco. 

Tita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreo

Dende moi nova, exercendo como xogadora, adestradora, delegada, directiva, federativa ou, por suposto, afeccionada, entre moitas outras facetas, Tita Franco é unha dás caras máis coñecidas e respectadas do noso deporte en Lugo e en Galicia. Recoñecida en 2015 coa Medalla de Galicia ao Mérito Deportivo, non podiamos deixar pasar a oportunidade, dentro dás celebracións dos 50 anos de Breogán, de recoñecer a súa labor e agradecerllo onde ela nunca falla para apoiar ao seu equipo: no Pazo.

Será o sábado no descanso do encontro que disputarán o Cafés Candelas Breogán e Melilla Baloncesto.

Tita, persoa recoñecida, respectada e sobre todo querida polo mundo do deporte lucense, terá a súa merecida homenaxe.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información