Tito Díaz explicou as liñas de colaboración deportiva e social con clubs da provincia de Lugo

Compartir con

O Director Xeral do Breogán falou da relación e vinculación con outras entidades

O Director xeral adiantou as pautas que rexerán a política de colaboración do Breogán na que se descarta a axuda económica a outros clubs, pero coa que se potenciará a colaboración deportiva mediante cesión de xogadores a clubs como Estudiantes e Chantada.

Tito Díaz confirmou tamén que medrará a implicación na organización de actividades como campus, clinics e outras actividades de formación.

O Breogán seguirá traballando en achegar o baloncesto aos clubs de formación e a centros escolares, e tratará de estar en tódalas iniciativas deportivas, sociais e solidarias nas que poida axudar.

Dende ou club traballarase para que escolares e equipos de Lugo, e tamén do resto de Galicia, asistan a partidos no Pazo coa intención de fomentar o deporte da canastra entre os máis novos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información