O croata de 2,03m. e 23 anos pode xogar como catro e tamén na posición de aleiro alto, e procede do Cibona de Zagreb
O Río Breogán faise cos servizos dun xogador novo, polivalente e de gran proxección, tirador de 6,75, bo pasador, reboteador e con capacidade de anotación.
Nakic (Sibenik, 1 de xuño de 1999), é internacional con Croacia en todas as categorías, procede do Cibona, equipo campión da liga croata onde tivo un papel protagonista sendo elixido MVP das finais.
O novo xogador do Río Breogán iniciou a súa carreira no GKK Sibenik onde permaneceu desde o 2014 ao 2020 antes de fichar por Cibona de Zagreb onde xogou durante as dúas últimas campañas.
Na tempada 2021/22 promediou, en 24 minutos por partido sobre a cancha, 8,6 puntos e 3,3 rebotes na liga croata; (10,6 puntos e 4,7 rebotes no playoff polo título), e 7,7 puntos e 2,2 rebotes en Liga Adriática.
Benvido ao Río Breogán!

Entre a imaxinación e a tecnoloxía inmersiva temos a @BreoMaximus que xa non distingue o real do virtual...
— Río Breogán (@CBBreogan) July 5, 2022
A mascota do Río Breogán está enganchada ao @DistritoACB @ACBCOM !
Card desbloqueada ;)#ForzaBreo #FagamosEquipo pic.twitter.com/c20MHyVKMX