Tyler Kalinoski, Xogador Estrella Galicia de novembro

Compartir con

Tyler Kalinoski, Xogador Estrella Galicia de novembro

Votado polos afeccionados en redes sociais, o xogador agradeceu a Estrella Galicia e á afección o recoñecemento

O xogador celeste foi elixido Xogador Estrella Galicia de novembro, mes no que asinou actuacións moi destacadas para o equipo: «Aprecio moito que me votaran. Quero dar as grazas a Estrella Galicia, á prensa e aos afeccionados por este recoñecemento que tamén o é polas vitorias que conseguiu o equipo» comentou ao recibir o trofeo.

O Breo afronta un calendario cargado de compromisos nas próximas semanas. Kalinoski comentou que «sabemos que serán un par de semanas intensas pero tamén para gozar na pista, como cada vez que xogamos, pero aínda así todos no equipo temos interiorizado o pensar só no próximo partido».

O tirador celeste lembrou a prestixiosa vitoria na pista do Valencia Básket: «Tivemos tres cuartos excelentes e un moi duro ao final. Temos que concentrarnos en manter sempre o nivel dos tres primeiros que foi o que nos deu a vitoria».

Interrogado sobre o seu rol no equipo e sobre o que Olmos lle pide, Kalinoski dixo que «o adestrador deume moita confianza desde o principio de liga. Pídeme o mellor de min en cada partido. Creo que o traballo que se está facendo para dar confianza a cada xogador do equipo está a dar bos resultados».

Tyler Kalinoski expresou un gran respecto polo próximo rival do equipo lucense no Pazo:«Fuenlabrada está nun bo momento e gañou un par de partidos consecutivos e é un rival que impón respecto polo seu gran momento».

Como comentara Musa o día en que recolleu o premio ao Xogador Estrella Galicia de Outubro, Kalinoski destacou a enerxía do Pazo: «Xogar no Pazo é incrible. A atmosfera que se crea coa afección é impresionante e transmítenos moita enerxía. Cada partido que xogamos en casa é especial».

O norteamericano apúntase á filosofía do equipo cando lle falan de obxectivos que van máis aló do próximo encontro: «Sei que moita xente pensa na Copa do Rei. É unha posibilidade que está aí pero nós pensamos só no seguinte partido».

Tyler Kalinoski, Xogador Estrella Galicia de novembro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información