Última parada no Pazo antes de retomar o camiño do regreso

Compartir con

O Cafés Candelas pecha a tempada ante o San Pablo Burgos o domingo ás 12:30 horas no Pazo

Tempada con esforzo pero sen premio da permanencia. Así rematar a campaña 2018/2019. moi accidentada e moi intensa, con moitos problemas pero coa grada do pazo chea cada xornada. Toca reflexionar e tomar nota dos erros e dos acertos, que tamén os houbo. Toca despedir unha tempada na que a fiel afección puido saborear a ACB e que debe servir de aperitivo a un pronto regreso máis duradeiro á altura da afección celeste.

O domingo visítanos San Pablo Burgos (12:30 horas) e despediremos a tempada nun Fogar de Breogán que volverá a ser fundamental de novo no futuro.

Quedan partidos vitais como a Ampliación de Capital, pechar a tempada e seguir adiante cunha fermosa historia que continuará e para a que contamos con todos os que nos axudaron a ver que o soño é posible. 

Toca agradecer a todos os que estiveron aí crendo no Breo: patrocinadores, institucións, colaboradores e, por suposto, a gran Marea Celeste. Serán pezas imprescindibles para seguir adiante.

Forza Breo!

Última parada no Pazo antes de retomar o camiño do regreso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información