Últimos días para manter o asento e aproveitar o desconto na renovación

Compartir con

O 70% dos aboados da pasada campaña xa deron o paso e renovaron. Máis do 60% fixérono online

O sábado 30 de xuño será o último día para confirmar a renovación aproveitando o 5% de desconto e manter as localidades da pasada tempada.

O día 1 de xullo quedarán liberados os asento non renovados e abrirase un período (dende o día 2 ata o 8 de xullo) para que os aboados se reubiquen e engadan familiares directos (Limitado aos que teñen dereitro a desconto: parella de feito ou matrimonio, fillos menores de 25 anos e proxenitores en caso de que sexa o menor de 25 o aboado).

A opción online par a renovación segue a ser a preferida polos aboados, optando por ese método máis dun 60% dos renovados, un xeito rápido, cómodo e sen horarios de facer o abono.

Máis dun 70% dos aboados da pasada campaña fixeron xa a renovación.

 

-MÁIS INFORMACIÓN-

 

-RENOVA ONLINE-

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información