Un Cafés Candelas sen ritmo cae ante un Araberri enchufado (97-91)

Os celestes non  se adaptaron a un xogo no que se permitiu moito contacto

Mal partido do Cafés Candelas que viu como o Araberri mandaba dende o inicio con ritmo e nivel de acerto altísimo. A arbitraxe permitiu o xogo duro e o Breo non foi quen de aproveitar esa circunstancia e sufriu moito na pista vasca.

A pesares de todo os celestes loitaron ata os instantes finais por manter as opcións pero o acerto local fixo imposible a remontada.

Ricardo Úriz foi o xogador máis valorado do Breo con 22 puntos e 3 asistencias (20 de valoración), seguido de Stainbrook que asinou 8 puntos, 8 rebotes e 3 asistencias (18 de valoración).

Segunda derrota consecutiva que non afasta ao Breo do liderado trala derrota do Prat con Melilla, nunca xornada na que a zona alta iguálase máis que nunca.

O Cafés Candelas xogará o vindeiro sábado día 16 ás 20:00 horas no Pazo ante CB Clavijo.

Un Cafés Candelas sen ritmo cae ante un Araberri enchufado (97-91)
Foto: Araberri
Foto: Araberri
Foto: Araberri
Foto: Araberri

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información