Un calendario para unha tempada apaixonante no regreso a ACB

Compartir con

Un calendario para unha tempada apaixonante no regreso a ACB

O Cafés Candelas iniciará a tempada no Pazo cun clásico do baloncesto europeo: O Joventut de Badalona

Definido o calendario para a nova aventura celeste no regreso a ACB. Un calendario novidoso por ser asimétricas a primeira e a segunda volta. Cada data será importante e clave para o Cafés Candelas, pero podemos ir marcando na nosa axenda algunhas de moito interese como a primeira xornada co Joventut no Pazo que se xogará entre o 27 e o 30 de setembro, ou o derbi galego ante o Obradoiro na primeira volta no Pazo na xornada 6 prevista para a fin de semana do 27 e 28 de outubro.

A mediado de decembro chegará a Lugo o campión de Euroliga, o Real Madrid, nunha xornada que se xogará a fin de semana do 15 decembro, e a primeira volta rematará no Pazo con outro dos grandes: o Valencia Básquet. Será na segunda volta cando Baskonia e o FC Barcelona visiten o Pazo.

Será na xornada 5 (20-21 de outubro) cando o Cafés Candelas Breogán visite Burgos, unha das datas sinaladas polos afeccionados como un deprazamento atractivo pola excelente relación entre afeccións fraguada na LEB.

O derbi de segunda volta en Santiago está previsto para a xornada 21 (2 e 3 de marzo).

 

VALORACIÓN DO DIRECTOR DEPORTIVO

Quique Fraga, Director Deportivo do Breogán, fixo unha rápida valoración nada mais coñecer o calendario:«Antes de velo en profundidade coido que vai ser moi importante o inicio na casa ante un clásico como o Joventut, e o dobre desprazamento que ao ser ás illas, facilitaranos loxísticamente o movemento do equipo sen retornar a Lugo probablemente entre ámbolos dous partidos de segunda e terceira xornada. A segunda volta será moi dura».

«Será moi diferente o traballo técnico ao que estamos acostumados debido a que as citas de primeira e segunda volta non son simétricas. Será un reto para acadar os “picos de forma” do equipo adaptándose ao que, a priori, poderían ser rivais da nosa liga, algo que é precipitado valorar neste intre xa que aínda non se pecharon as plantillas. Por suposto os derbis serán moi atractivos e importantes para nós e para o Obra, e coido que para o baloncesto galego, e o Pazo terá que ser unha cancha difícil para todos co apoio da masa social», explica Fraga.

«Será un reto para todos adaptarse a un novo escenario e a unha liga espectacular e dura como a Liga Endesa, pero é o reto que buscabamos e que asumiremos con toda a ilusión e compromiso.»

Calendario Emparejamientos 2018_2019 Liga Endesa.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información