Un «home récord» vestido de celeste

Compartir con

Sergi Vidal converterase esta fin de semana no décimo xogador con máis partidos disputados na liga Endesa en era ACB

Un «home récord» vestido de celeste

Son 6966 días, 995 semanas, 228 meses. Ou, o que é o mesmo, máis de 19 anos pasaron xa desde aquel 24 de outubro de 1999 no que Sergi Vidal debutase en Liga Endesa, con só 17 anos, nun Adecco Estudantes-Pinturas Bruguer Joventut. Naquel encontro, que acabou cunha severa derrota para o seu equipo (90-67), a noticia máis positiva para os verdinegros foi a estrea dun rapaz de 18 anos que debutou sen ningún complexo. En só 8 minutos e 43 segundos foi capaz de sumar 9 puntos, con 2/2 en tiros libres, 2/2 en tiros de 2 e 1/2 en triplos. Ademais, nese escaso tempo sumou un rebote e tres roubos, para acabar cunha valoración de 11 en menos de nove minutos.

Un «home récord» vestido de celeste

Case dúas décadas máis tarde, a piques de entrar no Top10 histórico de xogadores con máis partidos en Liga Endesa, é sorprendente comprobar os xogadores que foron testemuñas en primeira man da estrea de Vidal. En cancha reuníronse Rafa Jofresa (2º nese top con 756 encontros), Nacho Azofra (4º, con 705), Álex Mumbrú (6º, con 677) e Carlos Jiménez (8º, con 641). Aínda por riba tamén estaba Alfonso Reyes, que non só pecha o Top50 histórico de encontros senón que é o irmán de Felipe, número 1 no ránking con 768 choques disputados ata o momento.

Un «home récord» vestido de celeste

Desde o Cafés Candelas Breogán- Tecnyconta Zaragoza deste próximo domingo, Vidal entrará no Top10 en solitario, tras igualar na pasada xornada os 615 partidos de Orenga. Será un fito máis nunha carreira cargada de éxitos, con 2 títulos ligueiros, 4 copeiros e outros 4 de Supercopa Endesa. En total, Sergi Vidal suma 131 partidos co Joventut, 330 con Baskonia, 62 co Real Madrid, 36 máis co GBC, 48 defendendo a elástica do Unicaja e 8 nesta actual etapa co Cafés Candelas Breogán.

Un «home récord» vestido de celeste

O seu rexistro global, con 390 triunfos e 225 derrotas, lévalle a un fantástico 63,4% de balance durante 19 anos nos que pasou dun adolescente que quería comerse o mundo a un vello roqueiro con aroma inconfundible a lenda de Liga Endesa. O Top10 xa lle espera.

 

acb.com

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información