Un minguado Cafés Candelas cae no Circuito Movistar ante Baxi Manresa (62-84)

Compartir con

ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez

As baixas volveron a afectar ao Cafés Candelas que mantivo  o  choque igualado na primeira metade e acusou o cansazo na segunda ante un Baxi Manresa máis enteiro

ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez

O segundo partido do Circuíto de Pretemporada Movistar de Oviedo enfrontou aos dous equipos recentemente ascendidos á Liga Endesa, o Cafés Candeas Breogán e o BAXI Manresa, que queren demostrar que teñen as cualidades necesarias para competir na máxima competición nacional.

O primeiro cuarto comezou con moita igualdade e moitas alternativas, con Löfberg e Redivo como máximos artilleiros do equipo galego e con Pere Tomàs no cadro catalán.

Non tardou Sergi Vidal en debutar cos celestes, recén chegado. Ao final, cunha canastra de Alex Renfroe desde un pouco máis adiante da media pista, chegouse ao primeiro descanso con vantaxe para os do Bages por 19-21.

O conxunto catalán, máis feitos e con menos baixas, aínda que con elas, aproveitáronse da experiencia de Toolson e o base americano para irse no marcador, ademais, tanto Guillem Jou como Lukovic e Vene estaban acertados. Cvetkovic, autor de 10 puntos ao descanso, mantivo ao seu equipo, chegando ao ecuador co 31-37.

O serbio seguiu ao seu e nada máis comezar a segunda parte achegou aos de Lugo a dous puntos, deixando ademais sen anotar ao rival nos tres primeiros minutos. Tras esta mala serie, o BAXI Manresa reaccionou. Entre Jou, Sakho e Renfroe volveron ampliar a renda. Pero grazas a unha canastra de Prince e unha técnica pitada a Peñarroya os galegos tiveron outra oportunidade. Oportunidade que Toolson, máis tarde, quitoulles de novo cun triplo e chegaron a falta de dez minutos cunha vantaxe máis cómoda (55-62).

Xa no último cuarto houbo que esperar máis de tres minutos para que o Cafés Candelas anotasen, tempo que os cataláns aproveitaron para despegarse e deixar practicamente sentenciado o partido. O resto non tivo historia e o partido remataba cun 62-84no electrónico para o conxunto manresano.

ESTATÍSTICA

Fonte ACB

 

ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez
ACB Photo / H. Álvarez

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información