Un partido para non faltar

Compartir con

Venres 20:45 horas, derbi galego, con moitos alicientes

Día de emocións no Pazo. Ademais dun partidazo entre o Cafés Candelas Breogán e o Leyma Coruña de Tito Díaz, co que todo elo significa, o Universitario acollerá unha xornada para a lembranza.

Banda de Música

A Banda Municipal de Rábade estará no partido e tocará tamén antes do comezo. Axudarán a recuperar algúns sons do histórico Pavillón Municipal onde comezou a súa andadura o Breogán, e uniranse á Peña Boinas e Zocas que será homenaxeada no descanso.

Himno galego

Trala presentación dos equipos soará o himno de Galicia como é habitual nos derbis galegos.

Causas solidarias

Os partidos do Breogán da presente tempada serven para coñecer mellor o traballo de asociacións e entidades que traballan pola sociedade. Nesta ocasión será a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) a merecedora de que recoñezamos a súa labor.

Tamén será posible colaborar co «Reto 1000 pulseras para MEF2C» mercando pulseiras para axudar nos tratamentos e a investigación dun síndrome encadrado dentro das enfermidades raras.

Canastra Star Center

No descanso entre os dous primeiros cuartos haberá un novo concursante que probará sorte para levar a TV de Star Center Electródomésticos.

Homenaxe á Peña Boinas e Zocas

Unha ampla representación da histórca peña breoganista estará na grada e saltará ao parqué para recibir o aplauso da memoria máis entrañable da afección breoganista. Unha viaxe no tempo para os máis veteráns e unha ensinanza para os máis novos. A peña será homenaxeada con motivo dos 50 anos do club.

Rifa Celeste

Dende antes do partido será posible mercar rifas para o sorteo que se celebrará entre o 3º e derradeiro cuarto. Os dous premios en xogo son unha cea co equipo, e unha camisola edición espacial do 50 aniversario. As rifas venderanse por 1€.

O Pazo, sempre un espectáculo

Simplemente chegar ao Pazo e gozar o ambiente nas gradas, onde hoxe tamén haberá representación laranxa do Leyma Coruña, xa é un aliciente máis que suficiente para non faltar.

Un partido para non faltar

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información