Un Río Breogán - Real Madrid lucindo o rosa da loita contra o cancro de mama

Compartir con

Un Río Breogán - Real Madrid lucindo o rosa da loita contra o cancro de mama

A Vicepresidencia e o CB Breogán colaboran na sensibilización contra o cancro de mama

O CB Breogán dedicará o encontro do vindeiro domingo a visibilizar o cancro de mama. Con motivo da celebración do día mundial contra esta enfermidade -o 19 de outubro-, os xogadores do club celeste modificarán o seu equipamento habitual e levarán medias rosas, a cor que se identifica coa loita contra esta enfermidade.

A iniciativa presentouse esta mañá no Pazo de San Marcos nun acto no que participaron o deputado de Deportes, Efrén Castro, a presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo, Mariluz Abella, e o responsable da área social do CB Breogán, Salva Arco.

A presidenta da AECC lembrou que “o de mamá é un dos cancros máis frecuentes pero tamén o de maior indice de supervivencia grazas á ciencia, á investigación, e tamén a campañas coma esta que dan visiblidade a enfermidade e nos poñen en alerta. Coa alerta, previmos, e a prevención é fundamental”, incidiu Mariluz Abella.

Efrén Castro e Salva Arco coincidiron en sinalar a “satisfacción de colaborar con este tipo de iniciativas nas que o deporte pon a súa capacidade para chegar ás persoas e a súa relevancia social ao servizo de accións sociais coma esta”.

Remarcaron tamén que o encontro do domingo é unha das mellores plataformas para facer ese chamamento á prevención xa que a visita do Real Madrid xenera unha maior visibilidade e difusión do partido.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información