Unha benvida celeste para os nados en Lugo

O Breogán e o HULA asinan un acordo que inclúe un agasallo a nenos nados en Lugo

Unha benvida celeste para os nados en Lugo

Como xesto simbólico tódolos nenos e nenas que nazan os días 6 -o número que se asocia coa afección- de cada mes nos centro de Lugo, A Mariña e Monforte recibirán unha prenda coa imaxe do club e ademais tódolos país dos pequenos nacidos terán entradas para partidos no Pazo.

A colaboración entre o CB Breogán e os centros hospitalarios da provincia leva en marcha moitos anos. Cada tempada os xogadores visitan en diversas ocasión a planta de pediatría e participan en diversas actividades sociais e de divulgación propostas polo centro hospitalario.

Hoxe esta colaboración plasmouse nun convenio presentado no HULA polo Xerente Ramón Ares e o conselleiro do CB Breogán Luis Franco, tamén membro do equipo médico do hospital lucense, que estiveron acompañados por membros da dirección do hospital e por xogadores do CB Breogán.

Unha benvida celeste para os nados en Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información