Vantaxes e ofertas por asistir o sábado ao Breo - Manresa

Compartir con

Manteñense prezos habituais pero haberá oferta para presenciar o seguinte no Pazo ante Palma. A TAQUILLA ONLINE ACTIVARASE ESTE MÉRCORES ÁS 10:00 HORAS

O Cafés Candelas Breogán mantén os prezos habituais en taquilla para o partido do sábado non Pazo para aqueles afeccionados (non aboados) que desexen presenciar o encontro.

A maiores, os afeccionados que merquen entrada recibirán, como agasallo, unha entrada da mesma categoría para presenciar o encontro entre o Cafés Candelas e o Iberostar Palma do mércores 29 de novembro (20:45 horas).

Os afeccionados que desexen acollerse a esta oferta deberán mercar a súa entrada na web do CB Breogán no apartado TAQUILLA antes das 18:00 horas do sábado.

Os afeccionados recibirán, trala compra, unha entrada ca información (horario, zona, categoría e prezo) no seu enderezo de correo electrónico. Dende ese momento o afeccionado poderá optar por imprimir a entrada -asegurándose de que o código QR ten nitidez mínima para os lectores de porta, e que está impreso de xeito completo- ou ben por amosala no seu smartphone no momento do acceso en porta (Para unha mellor lectura recoméndase levar a pantalla do smartphone nun nivel alto de brillo).

Do mesmo xeito os aboados do CB Breogán poderán retirar para o partido ante o Palma, a partires do mércores 22,  e ata o mércores 29 ás 18:00 horas, de balde na web oficial do club unha entrada gratuíta da mesma categoría que o abono, para os fondos Campus e Estadio.

Vantaxes e ofertas por asistir o sábado ao Breo - Manresa

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información