Vantaxes para abonados do Leite Río Breogán e CD Lugo para os partidos da fin de semana

Compartir con

Os dous clubs poñen entradas reducidas para que os abonados  albivermellos acudan ao  Breo e os celestes ao  Anxo Carro, a prezo reducido

CD Lugo e CB Breogán traballan conxuntamente para promocionar o deporte na provincia de Lugo. Ademais das diversas actividades conxuntas programadas dirixidas a colectivos e escolares, os afeccionados de ambos os clubs poderán acudir aos dous partidos desta fin de semana (CD Lugo – Cádiz do venres ás 21:00h. no Anxo Carro e Leite Río Breogán – Granada do sábado ás 19:15h. no Pazo,) a prezo reducido de 5€ presentando o seu respectivo abono.

A partir do mércores ás 10:00 horas nas oficinas do CB Breogán nas oficinas do Pazo dos Deportes de Lugo estarán á venda as entradas do partido do Leite Río Breogán ante Covirán Granada (Sábado 19:15 horas) destinadas aos socios do CD Lugo. O horario de atención é de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

Os socios do Leite Río Breogán poderán facer o mesmo nas oficinas do Anxo Carro en horario 9.30-13.45 e de  16.30-20h.

As entradas terán un prezo único de 5€ e para retiralas é preciso presentar o carné de abono do CD Lugo ou do CB Breogán, no momento da compra. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por abono presentado.

Esta actividade é a primeira dunha serie de iniciativas que formarán parte do proxecto «Xuntos da man» polo cal os dous clubs máis representativos da provincia de Lugo impulsarán a práctica do deporte e os valores vinculados ao mesmo -como a solidariedade e os hábitos saudables-, entre diversos colectivos.

Os primeiros pasos do acordo puidéronse ver nas visitas conxuntas de xogadores e técnicos, ademais das mascotas, a centros educativos de Lugo realizadas esta semana.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información