Veljko Mrsic dirixirá ao Río Breogán

Compartir con

O club chegou a un acordo co técnico que conta con experiencia en Liga Endesa como xogador e adestrador

Veljko Mrsic (Split, Croacia, 13 de abril de 1971) é o novo adestrador do Río Breogán. O ata o de agora seleccionador nacional de Croacia, conta con experiencia en Liga ACB como xogador, defendendo as camisetas do Unicaja Málaga (1999 a 2002) e Girona (2002/03), e posteriormente como adestrador encargándose do banco do Bilbao Basket durante parte da tempada 2017/18.

O novo técnico breoganista coincidirá de novo con Dzanan Musa, xogador que da man do novo técnico celeste debutaría en Euroliga con só 16 anos no Cedevita.

A súa traxectoria como adestrador comezou en en o KK Split en 2006 e tras o seu paso pola liga italiana (Varese) dirixiu ao KK Cibona e posteriormente colleitaría éxitos dirixindo ao KK Cedevita gañando a liga croata na 2015/16 e 16/17, e liga e copa na campaña 2020/21 co KK Zadar. Exerceu de seleccionador croata desde 2019.

O club traballa para que Mrsic se incorpore aos adestramentos esta mesma semana.

Benvido ao Río Breogán!

Veljko Mrsic dirixirá ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información