Víctor Arteaga incorpórase ao Río Breogán

Compartir con

O pivote nacional de 2,13 m. e 30 anos conta con con ampla traxectoria en Liga Endesa

Víctor Arteaga González (San Clemente, Cuenca 7 de xullo de 1992) formouse na canteira do Real Madrid e pasou por LEB Plata e LEB Oro antes de afianzarse como xogador de Liga Endesa co UCAM Murcia (2014-2016) e no Estudantes (de 2016 a 2021).

O novo pivote celeste xa coñece o vestiario breoganista tras iniciar o pasado curso formando parte da pretempada do Río Breogán, axudando ao equipo lucense na preparación da tempada do regreso a Liga Endesa e a conquistar a décimo terceira Copa Galicia.

Internacional con España en varias ocasións nas xanelas FIBA, Arteaga é un pivote con experiencia que posúe gran envergadura e bos movementos preto do aro para anotar.

Arteaga procede do Morabanc Andorra onde achegou 6,2 puntos e 3,7 rebotes en liga regular e 6,5 puntos e 3,1 rebotes en competición europea (Eurocup).

Benvido!

Víctor Arteaga incorpórase ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información