Visita á espectacular Domus do Mitreo

Lezkano e Salva Arco gozaron da particular viaxe no tempo que ofrece este museo lucense.

Visita á espectacular Domus do Mitreo

Acompañados polo presidente do club, Jesús Lázare, o deputado de deportes da Deputación de Lugo Pablo Rivera, e o anfitrión o Vicerreitor do Campus Terra da USC, Javier Bueno, os xogadores celestes coñeceron un espectacular espazo museístico no que se pode admirar a Domus do Mitreo, un enclave único na Península Ibérica situado no edificio anexo ao Vicerreitorado de Lugo e xusto a carón da Muralla Romana.

Visita á espectacular Domus do Mitreo

Coa impecable explicación da guía Teresa Gomez, os asistentes coñeceron os segredos duns restos arqueolóxicos que permiten viaxar a unha época anterior incluso á da construción da Muralla Romana.

Na Domus do Mitreo destaca o altar dedicado á divindade Mitra –un culto de orixe oriental- , cuxa sorprendente conservación convérteno nunha peza única e de imprescindible visita. O percorrido permite observar restos dunha domus con moitas peculiaridades que fan ao visitante sentirse na época do Imperio e dan unha idea da importancia de Lucus Augusti no mundo romano.

Unha visita obrigada para coñecer un pouco mellor o pasado de Lugo.

Maís información sobre Domus do Mitreo

Visita á espectacular Domus do Mitreo

Esta actividade encádrase dentro do compromiso do CB Breogán co patrimonio  da Provincia de Lugo impulsado polo patrocinio da Deputación Provincial.

Visita á espectacular Domus do Mitreo
Visita á espectacular Domus do Mitreo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información