Vitaldent, nova clínica dental oficial do Club Baloncesto Breogán

Compartir con

Vitaldent pon a disposición do Club Baloncesto Breogán de Lugo todo o seu coñecemento médico, así como os avances tecnolóxicos e asistenciais máis sofisticados

Vitaldent, nova clínica dental oficial do Club Baloncesto Breogán

Vitaldent, primeiro operador odontolóxico en España e Italia, asinou un acordo co Club Baloncesto Breogán de Lugo a través do cal se converteu na clínica dental oficial da devandita entidade. Esta alianza, que se selou nun acto de presentación celebrado no Pazo dos Deportes de Lugo, contou coa asistencia de Jesús Lázare Rincón, Presidente do Club Baloncesto Breogán e o xogador Henk Norel. Por parte de Vitaldent, asistiu ao evento Javier Martín Ocaña, CEO de Vitaldent, así como outros representantes da compañía.

O acordo subscrito co Club Baloncesto Breogán de Lugo estará vixente ata a tempada 2019-2020 e inclúe un programa de revisións e descontos en tratamentos de saúde bucodental das que se poderán beneficiar os xogadores e demais membros do persoal así como directivos, socios do club de todas as categorías e os seus familiares directos.

Vitaldent, que atendeu a máis de 7 millóns de pacientes nos seus 28 anos de traxectoria, demostra desta forma o seu compromiso co deporte e cos xogadores. A través deste acordo, a compañía pon a disposición do Club Baloncesto Breogán de Lugo todo o seu equipo de odontólogos, estomatólogos, doutores expertos en ortodoncia, implantoloxía e estética, hixienistas e auxiliares de clínica, así como as máis avanzadas tecnoloxías para o diagnóstico e tratamento odontolóxico.

Para Jesús Lázare, Presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo “É unha gran noticia que empresas da importancia e implantación a nivel nacional como Vitaldent confíen en nós e traballaremos para devolver todo o seu apoio poñendo o mellor da nosa parte cada día para que este acordo sexa por moitos anos”. Tras a firma, Javier Martín Ocaña afirmou que “Este acordo é a mellor mostra da aposta de Vitaldent pola saúde no deporte. O deporte tamén é saúde e cremos que as empresas debemos dar un paso cara adiante para fomentar o coidado da saúde en todos os ámbitos. En Vitaldent marcámonos un obxectivo: concienciar acerca da importancia do coidado da saúde bucodental para lograr un estado físico óptimo para a práctica de deporte”. Para finalizar, agradeceu ao Club Baloncesto Breogán de Lugo, a confianza que depositaron en Vitaldent e quixo desexarlles “toda a sorte do mundo nas súas competicións”. No acto estivo presente o xogador Henk Norel que será parte activa das campañas que o club e Vitaldent poderán en marcha de forma inmediata. O xogador falou en nome do persoal para agradecer o apoio de Vitaldent e das empresas que fan que o equipo sinta apoiado. Ademais Norel revelou que a súa esposa é profesional odontóloga e dixo coñecer de primeira man a dedicación que estes profesionais teñen cos seus pacientes.

Sobre Vitaldent

Con 28 anos de actividade no mercado, Vitaldent é actualmente o primeiro grupo español do sector da saúde dental. As clínicas Vitaldent proporcionan un diagnóstico integral aos seus pacientes coidando a saúde bucodental con tratamentos innovadores e unha atención asistencial de alta calidade. A misión de Vitaldent é facer accesible a odontoloxía de calidade á sociedade coa tecnoloxía máis avanzada, os mellores tratamentos e profesionais de experiencia contrastada.

Vitaldent conta cun gran respaldo accionarial, sendo o seu máximo accionista o grupo JB Capital Markets, compañía española de servizos de investimento presidido por Javier Botín.

Sobre Club Baloncesto Breogán de Lugo

Con máis de medio século de historia e unha importante implantación e seguimento en Lugo e Galicia, o club milita actualmente en Liga Endesa, a máxima categoría do Baloncesto español e unha das mellores ligas do mundo, e traballa intensamente a nivel social polos valores saudables e cun público familiar, o que encaixa perfectamente coa filosofía de empresas como Vitaldent.

Vitaldent, nova clínica dental oficial do Club Baloncesto Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información